A primeira carta-bomba

A primeira carta-bomba
A primeira carta-bomba foi obra dun galegoCorría o ano 1829. O máis célebre e acometedor dos farmaceúticos liberais galegos, José María Chao, inventa a primeira carta bomba da que se ten nova. Dela dá boa conta o xeneral Eguía, eivado para sempre a consecuencia dela e implacable perseguidor do boticario que, dende a trastenda da farmacia, conspiraba por unha revolución liberal democrática. Na rebotica viguesa dos Chao, a primeira fonte de información era o Times de Londres por empeño do vello José María, integrante do Batallón literario, que fixera de principio a fin a "Guerra da Independencia" no exército internacional de España, Portugal e Gran Bretaña. Entraran vitoriosos en Franza e voltaron falando entre tres e cinco linguas.